jueves, 14 de abril de 2011

Elaborando o power point

Volvemos de novo para informar sobre os nosos avances.
Hoxe estivemos reunidas para facer o power point o cal está case rematado. Puxemos moitas actividades e eliximos un guía para axudar ós rapaces a acceder a actividades dun modo máis sinxelo.
En canto ó índice publicado anteriormente, fixemos unha modificación eliminando o punto do "uso da electrónica e informática musical" xa que nos parecía demasiado complexo para alumnos de cuarto curso.
Ademais, neste blog, poderedes encontrar a vosa dereita un reproductor de vídeo no cal podedes ver algúns vídeos de interese relacionados co noso tema.

Como adianto, deixámosvos un enlace a unha actividade, incluida no noso traballo, sobre os instrumentos de láminas:
http://dl.dropbox.com/u/286412/CURSO2010-11/placophone.swf

Esperamos que vos guste, un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario